Esta
semana estamos realizando a ruta violeta dos QR polo centro. Seguro que
aprenderemos un montón sobre todas estas mulleres marabillosas que
moitas veces foron esquecidas pola historia ou infravaloradas.
Para rematar esta semana polo alto imos realizar xogos e demostrar canto aprendemos.
Nos seguintes enlaces podemos atopar varias actividades relacionadas co 8M realizadas polas profesoras: Rosalía, Elvira e Isa. Gozade e aprendede! É unha boa ocasión para investigar as cousas que non sabemos!
Isabel Zendal sónache? Pois tes un kahoot que che vai axudar a coñecela!
Concepción Arenal era... Aquí tes o seu kahoot para demostrar que a coñeces!
E para demostrar que o 8M non ten secretos para ti tes tres opcións máis!
un wordwall, un kahoot ou un genially
con cal te animas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario