sábado, 11 de decembro de 2021

Chegaron as maletas da banda deseñada!

Chegaron as maletas de banda deseñada xusto a tempo de poder gozalas este nadal! A nosa querida asesora Chelo veu nada menos e nada máis desde Ferrol, loitando contra o temporal do martes para que poidamos ter este tesouro con nós. Temos unha maleta de primaria e outra de secundaria. A banda deseñada, o último dos xéneros ou novena arte como a chaman algúns, ten unha historia moi curta no noso país. Seguro que despois de mergullarse nalgunha destas historias, conseguimos enganchar ao noso alumnado.

Audiolibro: Vivan las uñas de colores


 

Contaconto: "As uñas de cores"

Quen dixo que os nenos non poden pintar as uñas? 

Mónica non! Hoxe veu a mamá de Xabi contarnos "As uñas de cores". A historia de Xoan. Encántalle pintarse as uñas de cores vivos e chamativos, pero os seus compañeiros do cole cren que iso non é apropiado e rinse del.  Cando llo conta ó seu pai, este decide apoialo e pintarse tamén as uñas de diferentes cores.

Este libro conta unha sinxela historia que agocha unha gran revolución. Con este conto traballamos a empatía, a integración e a importancia do respeto e a igualdade.

 












E para mostra... un montón de uñas pintadas!


 








Audioconto: El topo que quería saber quien se había hecho aquello en su cabeza


 

Contaconto: "El topo que quería saber quién se había hecho aquello en su cabeza"

Non podiamos empezar mellor o Día da Violencia de Xénero que con un conto contado por un pai! E non calquera! Veu o noso querido Feri veu investigar quen puido facerlle caca na cabeza a toupiña! Moitas grazas por vir e esperamos que veñas prontiño contarnos outro!!