martes, 1 de febreiro de 2022

Club de lectura: Mortiña: Unha historia para esmendrellarse de risa

Mortiña é unha nena, pero non é coma as demais: é unha nena zombi. Vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. A Mortiña encantaríalle ter amigos da súa idade cos que xogar e divertirse, pero a súa tía prohibiulle deixarse ver: podería asustar a xente. Un día preséntaselle unha oportunidade única: a festa de Halloween! Mortiña nin sequera ten que disfrazarse... Pero que pasará cando os demais nenos descubran que non leva máscara?


Esta semana o Club de lectura O Semilleiro das Follas Bravas foi en torno ao libro de Mortiña. Cos minis fixemos unha lectura conxunta que resultou moi agradable e sorprendente para eles. Os maiores despois de ler o libro fixeron un Kahoot moi divertido sobre o libro que nos preparou Elvira e despois entre todos aprendimos a facer un lapbook. Arrancamos lentos pero ao pouco xa nos divertimos moito buscando ideas e facendo un traballo colaborativo.
























Ningún comentario:

Publicar un comentario