xoves, 27 de xaneiro de 2022

Club de lectura con Ana Meilán

Din que coa primeira estrela que brilla no ceo espertan os soños, Adele espera cada noite ver brillar a súa para que comezar unha nova aventura.

As Chaves que garda no seu caixón  abren soños diferentes que farán de cada noite un momento especial. E a túa chave, que soño abre?

Despedimos o ano 2021 coa autora Ana Meilán. Pasamos un momento moi divertido e soubo despertar a ilusión nos nosos rapaces! Rematamos a sesión con chocolate e churros!



























 

Contaconto: Raro

"Se necesitan empleados para la nueva mansión”. Un anuncio sinxelo pero que vai traer a Clemente de cabeza! Clemente é unha persoa normal, pensa normal, vive normal e é tan normal que todos os demais parécenlle raros! Cando sae este anuncio ten claro que o posto é para él. Porque o resto dos aspirantes son tan rarooos! 

Un conto moi divertido que nos mostra que todos somos diferentes e iso é o que nos enriquece. 





Audiolibro: Raro

 


Contaconto: Noa y los mocos

 

Esta semana compartimos co alumnado de Infantil e Primaria o conto "Noa y los mocos". Noa colleu o resfriado da súa amiga e ten uns mocos verdes e pegajosos enormes! Ten que ir ao médico, pero non quere ir... Claro que pensándoo ben, é mellor ir ao doutor que ter eses mocos noxentos.
Noa, xunto con Mar, a pediatra, emprende unha fantástica viaxe por dentro do nariz onde descubrirá para que sirven os mocos.
MAR LÓPEZ é nai e pediatra. PEscribiu este divertido libro para ensinarlles aos máis pequenos todo o que hai sobre os mocos e non ter medo a acudir ao médico e ao mesmo tempo, cunha guía para os pais ao final do libro, para aclarar algunhas dúbidas. sobre arrefriados. Moi divertido!
 




















mércores, 26 de xaneiro de 2022

Contaconto: Bos días, avoa

 

"De mañá, moi cedo, espértanos a nosa avoa. Ela vístenos, lévanos á parada do bus, fai o xantar, xoga e apréndenos moitas cousas. Ten moitísimos anos, aínda que non sempre tivo tantos. Quérenos moito, e nós tamén a ela. Queres coñecela?"

Así empeza este conto tan bonito "Bos días, avoa" que nos leva directamente o abrazo das nosas avoas! 

Descubrimos unhas netas moi revoltosas e a avoa Sabela que ten tempo para todo! Démonos conta do moito que traballan e axudan as nosas familias!