martes, 21 de febreiro de 2023

Arrancamos unha nova aventura: o teatro!

O empezar o mes de xaneiro estivemos pensando no seguinte Club de lectura e de repente tivemos unha idea un pouco loca... E si facíamos unha obra de teatro de cara ao entroido? Estivemos buscando unha obra curta e divertida, pensando en que o noso club está formado por nenos de diferentes idades pero non demos atopado nada que nos convencera. Pero despois de pensalo tivemos coma unha revelación! E si facíamos unha adaptación do libro "Daniela Pirata"?  Ana púxose a escribir un guión que fomos transformando ao longo dos ensaios e asi arrancou unha aventura moi fermosa no que aprendimos a responsabilizarnos (no medio dos ensaios, media tripulación abandonou a obra), a controlar os nosos nervios, a realizar un decorado rebuscando e imaxinando como ía ser e sobretodo a ser compañeiros. 

Non podemos estar máis orgullosas do resultado e do valente que foi a tropa máis pirata de Navia! 

Daniela Pirata: obra de teatro





E chegou o día da representación! Éxitazo do equipo dos piratas!! Parabéns a tod@s!!