xoves, 20 de outubro de 2022

Iniciamos nova aventura no PLAMBE


Este ano pasamos a facer parto do PLAMBE. O Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros non universitarios sostidos con fondos públicos. Con esta iniciativa, a Consellería de Cultura e Educación reafirma a súa aposta pola mellora e modernización do sistema educativo a través da biblioteca escolar entendida como un elemento estratéxico de innovación pedagóxica. Unha biblioteca escolar activa e renovada contribúe a ampliar a calidade dos procesos de aprendizaxe e de ensino e resulta un instrumento importante tanto para o profesorado como para o alumnado na consecución do éxito escolar. 

No noso caso arrancamos esta aventura cun proxecto que abarca desde Infantil ata a ESO: a volta ao mundo desde a visión do avó TEO, que nos vai levar polos seus destinos laborais e coñeceremos así os diferentes continentes desde varias perspectivas. Aproveitando que ten unha familia moi grande repartida polo mundo, faremos videoconferencias cos seus "net@s" e "bisnet@s".