mércores, 7 de xuño de 2023

VIAXE A PONFERRADA DE RECOMPENSA!

Hoxe o Club de Lectura de Primaria viaxou ata Ponferrada e pasamos un día xenial cheo de sorpresas. Visitamos a Fábrica da luz e aprendemos un montón das minas e do importante que foi esa central térmica. Despois fixemos unha visita relámpao ao Castelo dos Templarios. Quedamos con ganas de ver máis aínda que din que volveu a pantasma do castelo con nós... Comemos nun parque no que case derretemos así que optamos por ir ao centro comercial refrescarnos e aproveitamos para mercar libros. E para rematar o día, aprendemos todos os secretos das locomotoras no Museo do Ferrocarril. Esta viaxe foi un premio para os membros do club que, xunto con Ana, traballou un montón todo o curso e tamén para Nerea que non cansa de rexistrar libros na biblio. Pero o premio levámolo os profes porque este grupo é marabilloso. Nun houbo nin unha queixa nin unha palabra máis alta que outra. Máis de un teríamos que aprender destes peques! Desexando repetir prontiño! ☺️





























VISITA DAS FAMILIAS

 Este curso tivemos a sorte de recibir unhas cantas familias:

Sonia a nai de Iker

NOVA OBRA DE TEATRO: A CONSULTA DA DOUTORA