Este mes de novembro o club foi adicado a ciencia na biblioteca e deu moito xogo a verdade!
Desde o departamento de matemáticas e de ciencias organizamos varias cousas:
Conchi retou ao alumnado de primaria e como non, conseguiron solucionar todos os retos matemáticos!
1º e 2º de primiria realizou un escape room con uns premios moi divertidos que rematou cunha clase de anatomia coa profe Rosalía!
3º, 4º e 5º de primaria fixeron uns comecocos que nos deron que pensar!!!
Dentro do proxecto competencial o alumnado da ESO decidiu poñer en práctica o lema de Rousseau "non hai que ensinar a ciencia aos nenos, hai que darlles o gusto por ela". Prepararon uns experimentos sinxelos pero divertidos que deixaron aos rapaces de primaria abraiados. Despois axudaron ao alumnado de primaria a facer eles os experimentos. Rematada a primeira xornada científica na biblioteca só podemos decir que queremos máiiis! Foi moi divertido tanto para a ESO como para Primaria. Os maiores xa están preparando a segunda xornada!