venres, 26 de novembro de 2021

Contos do 25N: O chuvasqueiro de Aurora cos maiores

Como falar dun tema tan duro, terrible como a violencia de xénero con nenos de primaria? A través das emocións. Así, desde esta perspectiva, cóntase a historia de "O chuvasqueiro de Aurora", un texto de María Márquez con ilustracións de Paco Ortega da editorial Bellaterra.
É unha historia que a pesar da dureza que retrata é preciosa, tanto polas súas ilustracións como pola mensaxe que deixa "Se pides axuda, recibes axuda".

O rematar o conto falamos de como se sentían, do que farían se foran Aurora, si foran a nai, si Aurora fora unha amiga, da posibilidade que ese monstro puidera cambiar... Foi moi interesante. Fixemos as nosas Auroras: a contenta e protexida, a triste, a asustada e a feliz. 

Descubrindo este grupo e cada vez desfrutando máis deles!
















Audioconto: O chuvasqueiro de Aurora


 

Contos do 25N: O chuvasqueiro de Aurora

Este ano eliximos o conto "O chuvasqueiro de Aurora" para traballar o tema do 25N. Para os minis do noso Club contamos o conto con unha versión máis sinxela sen precisar quen era ese monstro que viña visitar Aurora. Porque á casa de Aurora chega todas as noites un monstro que as atemoriza a ela e á nai. Aurora séntese indefensa e asustada, e nai regálalle un chuvasqueiro máxico para que faga desaparecer o medo que o envolve todo. Abondará con iso? Poderá un chuvasqueiro axudar a protagonista deste conto? 

Despois de lelo, pintamos as Auroras en equipo e tamén aproveitamos para unir as mans pintadas de rosa e azul e descubrimos que aparecía a cor violeta. Chegamos a conclusión que só con axuda podemos saír dos problemas. Pero tamén descubrimos que as nosas minis son unhas guerrilleiras que non están dispostas que ningún monstro veña molestas! E os minis non se quedan atrás! Vivan os minis do Club e as súas ganas de xustiza e loita! Aprendendo cada día con eles! 


 







































Audioconto: O libro dos porcos


 

Contos do 25N: O libro dos Porcos

Este ano para celebrar o Día contra a Violencia de Xénero eliximos un conto moi sinxelo pero moi interesante porque nos ensina que temos que compartir as tarefas da casa. Foi escrito por Anthony Browne en 1986 e descubrimos que non cambiaron tanto as cousas! «Bule co almorzo, muller», «Bule co almorzo, mamá», dicíanlle o seu home e os seus fillos. Ata que a señora Porcón se fartou e marchou. 

E para contalo contamos coa nosa querida María de Fausto.