domingo, 4 de decembro de 2022

Novembro: mes da ciencia

Este mes de novembro o club foi adicado a ciencia na biblioteca e deu moito xogo a verdade!



Desde o departamento de matemáticas e de ciencias organizamos varias cousas:

Conchi retou ao alumnado de primaria e como non, conseguiron solucionar todos os retos matemáticos!

1º e 2º de primiria realizou un escape room con uns premios moi divertidos que rematou cunha clase de anatomia coa profe Rosalía!



















3º, 4º e 5º de primaria fixeron uns comecocos que nos deron que pensar!!!









Dentro do proxecto competencial o alumnado da ESO decidiu poñer en práctica o lema de Rousseau "non hai que ensinar a ciencia aos nenos, hai que darlles o gusto por ela". Prepararon uns experimentos sinxelos pero divertidos que deixaron aos rapaces de primaria abraiados. Despois axudaron ao alumnado de primaria a facer eles os experimentos. Rematada a primeira xornada científica na biblioteca só podemos decir que queremos máiiis! Foi moi divertido tanto para a ESO como para Primaria. Os maiores xa están preparando a segunda xornada! 😍😍😍

























Ningún comentario:

Publicar un comentario