venres, 24 de xuño de 2022

Lord Voldeballs e o seu feitizo!

O día 22 de xuño, alumnado e profesorado dirixímonos ao cole para o que sería o derradeiro día do curso 2021-2022. Parecía un día completamente normal ata que o alumnado do Club de Lectura de Primaria reparou en que os profesores non podían dicir máis que a palabra “NON!”. NON se podía baixar ó patio, NON se podía sentar nunha cadeira, NON se podía ir ó baño, NON se podía comer a merenda... pero QUE ESTABA A PASAR???

Entón foi cando atoparon o motivo... os profesores estaban baixo o feitizo de Lord Voldeballs!!!! Lord Voldeballs, inimigo do lecer, dos colexios e do alumnado fixera unha serie de conxuros e feitizos para secuestrar todas as actividades de lecer do noso cole, así como tamén as vontades dos profes (que nestas datas adoitan ser máis permisivos e estar máis contentos 😊). O problema maior era que eses feitizos abranguerían toda actividade lúdica e de lecer do vindeiro curso. QUE MEDO!!!!!! A posibilidade de romper tales feitizos recaía directamente sobre os nosos intrépidos membros do Club: Víctor, Raúl, Eric e Adrián. Para iso, deberían enfrontarse a unha serie de terribles probas de astucia, descifrando unha morea de códigos imposíbeis que requirirían que os seus cerebros traballaran ó 200%. Polo camiño, contaron coa axuda de Conchi, Laura e Isa que aínda que estaban baixo o feitizo do “NON” souberon ir guiando os pasos dos nosos detectives. Por sorte para todos nós, estes detectives de Primaria, estiveron á altura das circunstancias e conseguiron romper os feitizos, devolvernos o lecer para o vindeiro curso e o que é mellor aínda, roubáronlle a Lord Voldeballs dous balóns de fútbol noviños do trinque para o CPI de Navia!!!!! Grazas pola vosa colaboración!!! E Grazas a Elvira por idear un escape rooms tan divertido para rematar o curso!
 










 

Ningún comentario:

Publicar un comentario