domingo, 19 de xuño de 2022

Día da nai

Parabéns a tódalas nais da nosa comunidade lectora e o venres para celebrar este día María de Fausto leulles un libro precioso: Nai de Hélène Delforge

 

Nai.

Unha das primeiras palabras do mundo.

Un nome único que levan millóns de mulleres.

Unha palabra para nomear o amor, a tenrura, o vínculo, quizais a ausencia.

Hai tantas nais como criaturas.

No entanto, en todos os continentes,

unha vez collen o seu bebé no colo,

todas as nais se parecen.








 

Ningún comentario:

Publicar un comentario