domingo, 19 de xuño de 2022

Contos pola Igualdade: Color carne

Desta vez María trouxo un conto de Desirée Bela-Lobedde para falar do racismo: Color carne

E se non hai unha única cor de carne?

Chega o primeiro día de cole e todas as cores están moi emocionadas: por fin sairán da caixa e poderán pintar os debuxos dos nenos! A cor amarela pintará o sol do verán, a cor azul o mar e as ondas, a cor vermella un coche moi rápido... E a cor carne?

Os nenos de Infantil aprenderon que hai mil e un tons de pel e que hai tantas cores como realidades.





Ningún comentario:

Publicar un comentario