sábado, 18 de xuño de 2022

23 de abril: Eva do Roxo pasa o día do libro connosco

Este ano para celebrar o Día do Libro estivemos pensando varias actividades pero o final foi unha evidencia que tiña que ser Eva do Roxo. A resposta foi directa: si e si! O que ía ser unha videoconferencia, converteuse nunha xornada super completa. Contoulles un conto aos de primaria e fixo un punto de libro con eles e cos de infantil. Despois unha sesión moi interesante cos da ESO onde lles transmitiu o seu amor pola nosa terra, a súa paixón pola escritura e polo mundo da encadernación. Quedamos con ganas de máis, así que Eva... tes que volver!!! Mil grazas por vir dende tan lonxe e cambiar axenda para pasar o San Jordi connosco!







































Ningún comentario:

Publicar un comentario