Hoxe celebramos o Día da poesía lendo un poema de Celso Emilio Ferreiro que non podía ser máis actual "Irmaus". No medio da gravación vivimos un momento que non esqueceremos nunca. A chegada de dúas nais ucraínas con 2 nenos. Non hai palabras para describir a emoción que sentimos. Oxalá non teñamos que vivir nunca máis unha situación así e as guerras deixen de existir. Benvidos ao noso centro e a Navia de Suarna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario