xoves, 27 de xaneiro de 2022

Contaconto: Noa y los mocos

 

Esta semana compartimos co alumnado de Infantil e Primaria o conto "Noa y los mocos". Noa colleu o resfriado da súa amiga e ten uns mocos verdes e pegajosos enormes! Ten que ir ao médico, pero non quere ir... Claro que pensándoo ben, é mellor ir ao doutor que ter eses mocos noxentos.
Noa, xunto con Mar, a pediatra, emprende unha fantástica viaxe por dentro do nariz onde descubrirá para que sirven os mocos.
MAR LÓPEZ é nai e pediatra. PEscribiu este divertido libro para ensinarlles aos máis pequenos todo o que hai sobre os mocos e non ter medo a acudir ao médico e ao mesmo tempo, cunha guía para os pais ao final do libro, para aclarar algunhas dúbidas. sobre arrefriados. Moi divertido!
 




















Ningún comentario:

Publicar un comentario