mércores, 26 de xaneiro de 2022

Contaconto: Bos días, avoa


"De mañá, moi cedo, espértanos a nosa avoa. Ela vístenos, lévanos á parada do bus, fai o xantar, xoga e apréndenos moitas cousas. Ten moitísimos anos, aínda que non sempre tivo tantos. Quérenos moito, e nós tamén a ela. Queres coñecela?"

Así empeza este conto tan bonito "Bos días, avoa" que nos leva directamente o abrazo das nosas avoas! 

Descubrimos unhas netas moi revoltosas e a avoa Sabela que ten tempo para todo! Démonos conta do moito que traballan e axudan as nosas familias! 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario