Quen dixo que os nenos non poden pintar as uñas?
Mónica non! Hoxe veu a mamá de Xabi contarnos "As uñas de cores". A historia de Xoan. Encántalle pintarse as uñas de cores vivos e chamativos, pero os seus compañeiros do cole cren que iso non é apropiado e rinse del. Cando llo conta ó seu pai, este decide apoialo e pintarse tamén as uñas de diferentes cores.
Este libro conta unha sinxela historia que agocha unha gran revolución. Con este conto traballamos a empatía, a integración e a importancia do respeto e a igualdade.
E para mostra... un montón de uñas pintadas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario