venres, 26 de novembro de 2021

Contos pola Igualdade: Rosa Caramelo

Esta semana veu María de Fausto contarnos as aventuras da súa amiga Margarita que vive illada nun xardín.
É a única elefanta do grupo que non pode poñer a súa pel de cor rosa caramelo. Margarita síntese moi triste porque non quere defraudar a familia. Pero moito que o intenta non pode. Cando os seus pais deixen de impoñerlle ese aspecto, por fin descubrirá o significado da liberdade e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras. 
Un conto escrito en Italia en 1976 pero non deixa de ser actual.



Ningún comentario:

Publicar un comentario