Hoxe visitounos a profe María e a súa amiga Mara, a protagonista de "Orellas de Bolboreta". Despois de activar os ollos e as orellas, escoitamos moi atentos o conto para poder abrir a caixa!
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou regordecho... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos.
Despois deste conto quedounos claro que todos somos iguais coas nosas diferenzas e merecemos o mesmo respecto.
Grazas profe María por esta caixa máxica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario